22 anos de pintura de Marga Portela móstranse na sala de exposicións da Xunta en Pontevedra

Pontevedra
02 de xullo 2015

A sala de exposición do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra acolle ata o próximo 30 de xullo a exposición 22 anos de pintura, una mostra retrospectiva da artista pontevedresa Marga Portela

Marga Portela, na exposición que inaugurou na sede da Xunta en Pontevedra
Marga Portela, na exposición que inaugurou na sede da Xunta en Pontevedra / Xunta de Galicia

A sala de exposición do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra acolle ata o próximo 30 de xullo a exposición 22 anos de pintura, una mostra retrospectiva da artista pontevedresa Marga Portela. 

Deseñadora de interiores pola Escola de Artes Mestre Mateo de Santiago de Compostela e especialista en fotografía e edición de vídeo, leva investigando de forma autodidacta no ámbito da pintura desde 1993.

As súa primeira exposición realizouna en Bueu, a súa vila natal, co motivo do aniversario da biblioteca municipal. Dende entón realizou exposicións colectivas e individuais en gran parte da xeografía galega.  

A exposición de Marga Portela na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra permanecerá aberta en horario de 9 a 14 horas da mañá de luns a sábado.