24 grupos e 5 DJ's para un Festival do Norte que agarda atraer a máis de 17.000 persoas

O Salnés
10 de maio 2013

Unhas 17.000 persoas. ÿ a previsión de asistencia que manexan os organizadores do Festival do Norte. Vilagarcía volverase a converter os próximos 17 e 18 de maio na capital 'indie' do noroeste español. Faino, por duodécimo ano consecutivo, cun cartel "que mantiene la línea de todos los años, pero con menos dinero", explica Toño Caneda, un dos seus organizadores. E é que o seu orzamento reduciuse ata os 380.000 euros

Presentación no Concello de Vilagarcía da XII edición do Festival do Norte
Presentación no Concello de Vilagarcía da XII edición do Festival do Norte / Aitana Vidal

Unhas 17.000 persoas. ÿ a previsión de asistencia que manexan os organizadores do Festival do Norte. Vilagarcía volverase a converter os próximos 17 e 18 de maio na capital 'indie' do noroeste español. Faino, por duodécimo ano consecutivo, cun cartel "que mantiene la línea de todos los años, pero con menos dinero", explica Toño Caneda, un dos seus organizadores. E é que o seu orzamento reduciuse ata os 380.000 euros.

Con ese diñeiro, sinala, o Festival do Norte decidiu apostar por artistas galegos "que están en un momento muy bueno" como Triángulo de Amor Bizarro ou Novedades Carminha, e acompañalos con grupos consagrados como La Habitación Roja, Dover, Xoel López ou Delafé y las flores azules. Ademais, o cartel volverá incluír bandas estranxeiras como Toy, The Primitives ou Delorentos "que acaban de ser elegidos como teloneros de Bruce Springsteen".

Como en anteriores edicións, as actuacións repartiranse en tres escenarios. Ao xa tradicional escenario Estrella Galicia, súmase este ano o escenario Espíritu Rías Baixas patrocinado pola Deputación de Pontevedra dentro da campaña promocional da Vuelta Ciclista a España. O último escenario, é o Brugal Dance Club, centrado nos ritmos dance e DJ's e no que se pecharán as veladas musicais do Festival do Norte.

Os horarios de actuación serán os seguintes:

ESCENARIO ESTRELLA GALICIA

Venres 17

Sábado 18

Guadalupe Plata: 20.15h
The Primitives: 21.10h
Xoel López: 22.10h
La Habitación Roja: 23.25h
Triángulo de Amor Bizarro: 00.40h
Dorian: 01.55h
Estereotypo: 20.15h
Delorentos: 21.10h
Delafé y las flores azules: 22.10h
Dover: 23.25h
Toy: 00.40h
We Are Standard: 01.55h

 

ESCENARIO ESPIRITU RIAS BAIXAS

Venres 17

Sábado 18

Pedrito Diablo y los Cadaveras: 17.00h
Tortel: 17.45h
Jane Joyd: 18.30h
Sr. Chinarro: 19.15h
Aurora: 17.00h
Mvnich: 17.45h
Novedades Carminha: 18.30h
Aerolíneas Federales: 19.15h

 

ESCENARIO BRUGAL DANCE CLUB

Venres 17

Sábado 18

Miqui Puig: 03.00h
Faber (Estudio 3 DJ's): 04.00h
DJ Amable y GatoTV: 03.00h
Nano Vinilo DJ: 04.00h

 

A maior parte destes de grupos, destacou Caneda, "llegan al festival para presentar disco o es la primera vez que actúan en Galicia, como el caso de Toy o Delorentos". En total serán 24 grupos e cinco DJ's os que subirán aos tres escenarios habilitados no exterior do Recinto Ferial de Fexdega, en Vilagarcía de Arousa.

Como todos ao anos haberá unha zona de acampada para as persoas que asisten ao festival e que se sitúa ao lado do recinto feiral. O prezo do abono con acampada é de 30 euros se se adquire de xeito anticipado e 40 na billeteira. A entrada anticipada para unha xornada custa 20 euros e 25 se se compra na billeteira do recinto. Os puntos de venta son a través da páxina web do Festival e de www.servinova.com.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

Ademais, Producciónes Independientes Culturales, organizadora do evento, segue a innovar e ampliar o programa do Festival do Norte mediante a inclusión de actividades paralelas durante a xornada previa ao seu inicio. Será cunha nova edición do programa Busca o teu norte na música, que ten como obxectivo amosar á mocidade a outra cara da música, todo o que non se ve no escenario, pero sen o cal é imposible.

Pero a principal novidade no Festival do Norte deste ano será a Sesión Vermú que se celebrará o sábado 18. Será unha actividade aberta ao público e pensada para as familias, para que pais e fillos poidan gozar do ambiente festivaleiro para todos os públicos con sesións de DJ's, un concerto acústico de Tortel e paella mariñeira. Celebrarase, se o tempo o permite, entre as doce do mediodía e as tres da tarde.

CONTINUIDADE GARANTIDA?

Na rolda de prensa de presentación do Festival, Tomás Fole agradeceu que os seus organizadores "sigan apostando" por Vilagarcía como sede, "especialmente en un momento tan difícil". Pero avanzou que "seguiremos traballando para que siga manteniendo su calidad, se quede en Vilagarcía por muchos años y para que se mantenga la colaboración con la empresa privada", clave, dixo, xunto coas institucións públicas, para a súa supervivencia.

Neste sentido, o alcalde celebrou o cambio de datas do Festival do Norte. "Es un paso importante para su estabilidad", dixo, tras recoñecer "problemas y retrasos" este ano. Non só pola súa coincidencia coa ponte do Día das Letras Galegas, senón porque servirá de "antesala" das festas en honor a Santa Rita. "Queremos que a partir de ahora sea siempre así", de forma que "sea más fácil" garantir o futuro do festival como referencia na cidade.