O concelleiro de Cultura Demetrio Gómez e o vicepresidente da Asociación Astronómica Sirio David Filgueira presentaron o Plan Eclipse.
Anunciaron as datas de catro eclipses que se poderán observar dende Pontevedra, sendo o máis recente o eclipse parcial de Sol do 29 de marzo deste ano.
Ante este feito astronómico, o Concello de Pontevedra realizará unha actividade para observar o eclipse na ponte do Burgo ás 10:00 horas.
No lugar contarán con material de observación indirecta para poder realizar a iniciativa, coma un telescopio e a repartición de 2000 lentes.
A Asociación Astronómica Sirio tamén realizará unha xornada de formación o martes 18 de febreiro no Pazo da Cultura, para ensinar a maneira correcta de ver o eclipse.
No taller explicarán en que consiste o eclipse e o método de observación indirecta que se debe seguir.
Ademais, advertirán do risco de ollar o sol de maneira non segura, o cal pode producir enfermidades como cancro.

Para poder asistir, é necesario inscribirse en [email protected].
Priorizarase a asistencia de mestres, directivos de AMPAS e monitores de empresas de tempo lecer, para poder chegar a un público máis amplo.
Nos próximos anos tamén se poderá gozar dun ciclo de 3 eclipses solares.
O máis intenso será o do 12 de agosto de 2026, un eclipse solar total que alcanzará máis de 99% de ocultación do disco solar.
Os seguintes eclipses solares terán lugar o 2 de agosto de 2027 e o 26 de xaneiro de 2028, este último parcial.
Ambos cubrirán máis do 70% do sol.