'32m2', o confinamento en versión teatral chega ao Auditorio de Vilagarcía

O Salnés
14 de abril 2021

O espectáculo da compañía Butacazero represéntase o sábado 17 de abril, a partir das 20.00 horas no Auditorio. A entrada ten un prezo de 5 euros para o público en xeral e 3 euros para os colectivos bonificados

'32m2', con Xurxo Cortázar e Nuria Gullón
'32m2', con Xurxo Cortázar e Nuria Gullón / Mónica Patxot

A comedia baseada nos días complicados que pasa unha parella durante o confinamento nun pequeno apartamento de 32 metros cadrados será a proposta teatral deste sábado 17 de abril no Auditorio de Vilagarcía. A función comeza ás 20.00 horas cunha capacidade máxima, polas normas sanitarias, limitada a 100 butacas.

'32 m2' é a versión escenificada do texto elaborado por Esther Carrodeguas e Xavier Castiñeiras a cargo da compañía Butacazero. Os protagonistas son os intérpretes  Xurxo Cortázar e Nuria Guillón, que representan á parella formada por Xan e Mar, a parella que apenas conta con espazo para convivir durante as 24 horas do día.

As entradas pódense adquirir a través de ataquilla.com ou no teléfono 902.504.500. O prezo das entradas é de 5 euros, e 3 para maiores de 65 anos, novos e persoas desempregadas. A venda anticipada conleva custos por xestión das entradas. No caso de que non se esgoten de maneira anticipada, o público poderá adquirilas o día da función na billeteira do Auditorio a partir das 18.00 horas.

A venda das entradas realízase a través dun sistema de capacidade dinámica adaptándose ás distancias de seguridade. O sistema permite comprar billetes de maneira individual ou, en caso de ser conviventes, reservar ata un máximo de catro butacas xuntas.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora