A Banda de Caldas de Reis leva a música ás parroquias

Umia
21 de marzo 2023

O Concello de Caldas organiza un ciclo de 'Música nas Parroquias' a partir do 26 de marzo e ata o 21 de maio

Presentación do ciclo 'Música nas Parroquias'
Presentación do ciclo 'Música nas Parroquias' / Concello de Caldas de Reis

O Concello de Caldas organiza un ciclo de 'Música nas Parroquias' a partir do 26 de marzo e ata o 21 de maio.

En colaboración coa Banda de Música Municipal de Caldas de Reis realizaranse nove concertos nas nove parroquias de Caldas.

Comezarase o vindeiro domingo na Parroquia de Arcos da Condesa, no recinto da Entidade Local Menor ás 12:30 horas.

Para o mes de abril: o domingo 2, o concerto será en Bemil; o sábado 15, en Santa María de Caldas (Tibo); o domingo 16, en Carracedo; o domingo 23, en Saiar e o domingo 30, en San Clemente.

Xa no mes de maio: a programación comeza o sábado 6, en San Tomé; o domingo 14, en San Andrés de Cesar e o domingo 21, en Godos.

O obxectivo deste ciclo de música é o achegamento das actividades culturais a todo o territorio municipal e á dinamización cultural nos núcleos rurais.

O alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey felicitou á presidenta da Asociación Mariñoleira, Adriana Souto, e ao director da Banda de Música, Javier Penido, e animou a todas as persoas a desfrutar desta actividade.