A Banda de Música de Salcedo actuou na avenida de Santa María no "día grande" da parroquia

Pontevedra
16 de agosto 2021

A actuación, enmarcada no programa da Semana Grande das Festas da Peregrina, serviu tamén para celebrar as festas patronais da parroquia de Santa María A Maior, con motivo da solemnidade da Asunción da Virxe

Concerto da Banda de Música de Salcedo
Concerto da Banda de Música de Salcedo / Cristina Saiz

A Avenida de Santa María acolleu este domingo un concerto da Banda de Música de Salcedo.

A actuación, enmarcada no programa da Semana Grande das Festas da Peregrina, serviu tamén para celebrar as festas patronais da parroquia de Santa María A Maior, con motivo da solemnidade da Asunción da Virxe. 

A Real Basílica acolleu misas ás 9:30, 11, 12:30 e 20 horas, todas elas de festa; adecuándose aos aforos permitidos e demais medidas sanitarias vixentes.

Como curiosidade, este domingo podíase gañar na Real Basílica indulxencias plenarias, coas condicións afeitas (confesándose, comulgando e rezando polas intencións do Papa).

Este luns 16 de agosto celebrarase San Roque, haberá misas pero non sairá pola cidade a tradicional procesión.

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora