Numerosos pontevedreses asistiron ao recital ofrecido pola Banda de Música de Salcedo coa participación da fadista portuguesa María do Ceo. O acto enmárcase dentro da celebración dos 25 anos da Asociación San Martiño que foi o berce para a creación desta banda.
O espectáculo ofrecido na Praza da Ferrería centrouse nunha fusión da música tradicional galega con letras en lingua portuguesa.
O próximo venres ás 21 horas, a protagonista será a Banda Cultural Salceda de Caselas que ofrecerá un concerto na Praza do Teucro.