A Banda de Música de Vilaboa continúa a súa xira por parroquias cun concerto en San Adrián de Cobres

Vilaboa
15 de xuño 2021

A Banda formada por integrantes moi novos da Escola de Música de Vilaboa actuará este mércores 16 de xuño no adro da igrexa de San Adrián de Cobres a partir das 11.45 horas dentro do ciclo de concertos que esta agrupación realiza durante os meses de xuño e xuño en distintos puntos do municipio

Concerto da Banda de Música de Vilaboa
Concerto da Banda de Música de Vilaboa

Pasodobres galegos, xotas ou temas pertencentes a musicais clásicos conforman o repertorio da Banda de Música de Vilaboa, unha agrupación formada por músicos que realizan os seus estudos na Escola de Música deste municipio.

Esta ano iniciaron unha xira polas parroquias do municipio. Se o día 5 deste mes, actuaban en Postemirón abrindo este ciclo, este martes tócalle a quenda á parroquia de San Adrián de Cobres. O concerto está previsto para as 11.45 horas no adro da igrexa con entrada gratuíta.

Ao longo deste mes de xuño e de xullo, a Banda realizará catro concertos máis. O 24 de xuño será en Paredes, o 11 de xullo en Figueirido, Santa Cristina de Cobres recibirá á agrupación o 24 de xullo e a xira pecharase o 31 dese mes en Bértola.

Ademais, desde o 14 ata o 17 deste mes de xuño, é posible ver a través da canle de Youtube da Escola de Música as audicións de fin de curso dos intérpretes que forman parte deste centro de aprendizaxe.

Para aquelas persoas que queiran matricularse como novo alumnado para a  Escola teñen a oportunidade de matricularse entre o 16 e o 30 de xuño a través dos correos: [email protected] ou [email protected]