A Banda Migallas presenta 'Zaragallada' no Festival da Lingua da Escola Oficial de Idiomas

Pontevedra
09 de maio 2017

Será este mércores 10 ás 19.30 horas no centro situado na Xunqueira. Parte das cancións naceron no espectáculo de humor “O cantante e as mulleresa>”, de Migallas Teatro

Banda Migallas
Banda Migallas / Migallas Teatro

Carlos Yus e Davide González Lorenzo, membros de Banda Migallas, interpretarán algúns temas do álbum 'Zaragallada' este mércores 10 de maio ás 19.30 horas no Festival da Lingua da Escola Oficial de Idiomas.

'Zaragallada', denominación dun recheo da empanada, é o último traballo da Banda Migallas e consta de 13 temas con ritmos e contidos moi variados. Mestúranse cancións pop, rock, ska, un pasodobre, un tango, unha rumba, un valse, unha nana ou unha pandeirada.

Parte das cancións naceron no espectáculo de humor 'O cantante e as mulleres', de Migallas Teatro. Moitas das letras tratan cuestións de tipo social aderezadas con retranca e outras son de carácter lírico. A produción artística corre a cargo de Segundo Grandío, do estudio Casa de tolos.

A banda ofrece temas como 'O que hai que facer' cun divertido videoclip: