A divertida e emotiva "El hijo de la novia" pon fin á tempada teatral de Afundación

Pontevedra
17 de decembro 2015

A representación, protagonizada por Juanjo Artero, Tina Sainz, Álvaro de Luna, Mikel Laskurain e Dorleta Urretabizkaia, desatou os halagos dun público entregado desde a primeira escena e que, satisfeito, aplaudiu ao seu termo durante un longo período de tempo

Representación en Pontevedra da obra de teatro "El hijo de la novia"
Representación en Pontevedra da obra de teatro "El hijo de la novia" / Cristina Saiz

Coa divertida e emotiva comedia El hijo de la novia, Afundación puxo fin este mércores á súa tempada de teatro. Centos de pontevedreses gozaron no auditorio da entidade dunha representación que trouxo á cidade esta adaptación á escena da coñecida película dirixida por Juan José Campanella.

A representación, protagonizada por Juanjo Artero, Tina Sainz, Álvaro de Luna, Mikel Laskurain e Dorleta Urretabizkaia, desatou os halagos dun público entregado desde a primeira escena e que, satisfeito, aplaudiu ao seu termo durante un longo período de tempo.

El hijo de la novia conta a historia de Rafael, un home inmerso nunha terrible crise económica e de valores, que dedica 24 horas ao día para sacar adiante o restaurante fundado polo seu pai.

Incapaz de conectar coa xente e atafegado polas súas circunstancias persoais, a vida de Rafael dá un xiro total a partir dunha serie de acontecementos inesperados -como a entrada da súa nai, enferma de Alzheimer, nun centro- que acabarán sendo o impulso definitivo que o obriga a reformularse a súa vida e ordenar as súas prioridades.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora