A Escola de Música de Poio ofrece un campus de verán para nenos e nenas de entre 8 e 17 anos

Poio
03 de xuño 2023

O gran protagonista da actividade será a música, aínda que tamén haberá actividades de lecer, lúdicas e deportivas. Tamén ofrecerán outras sobre reciclaxe creativo, expresión corporal, xogos sensoriais e cooperativos, contacontos ou intelixencia emocional

Escola de Música de Poio
Escola de Música de Poio / Escola de Música de Poio

A Escola de Música de Poio (ESMU) desenvolverá un campamento de verán ao longo do mes de xullo dirixido a mozos e mozas de entre 8 e 17 anos.

O gran protagonista da actividade será a música, aínda que tamén haberá actividades de lecer, lúdicas e deportivas. Tamén ofrecerán outras sobre reciclaxe creativo, expresión corporal, xogos sensoriais e cooperativos, contacontos ou intelixencia emocional.

Haberá tamén unha festa de disfraces, cociña creativa, a busca do tesouro e, por suposto, modalidades deportivas como fútbol, baloncesto, tenis, pádel ou béisbol, sen esquecer os xogos tradicionais, e a importancia dos hábitos saudables.

En concreto, a iniciativa terá lugar de luns a venres entre os días 3 e 31 de xuño en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas e a cota de inscrición será de 50 euros semanais. O campus pechará as súas portas cun concerto da rapazada a partir das 21:00 horas.

Para obter máis información facilitan o número de teléfono 636068829 e o correo electrónico [email protected]. Tamén está a posibilidade de tramitar as inscricións de xeito telemático na páxina web da Escola de Música.