A Facultade de Belas Artes acollerá a clausura do Ciclo do Audible

Pontevedra
19 de setembro 2016

O concepto do espazo na composición centrará a sesión de clausura da cuarta edición do ciclo, será o 4 de outubro na Facultade de Belas Artes de Pontevedra

Vertixe Sonora Ensamble
Vertixe Sonora Ensamble

A cuarta e última experiencia do ano do ciclo Do Audible xirará arredor do concepto de espazo e terá lugar o próximo 4 de outubro na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. 

Este derradeiro programa, que desenvolverá dous discursos paralelos, filosofía e música, e, con diferentes obras para instrumentos de vento –da autoría de Edgar Varèse, Richard Barrett, Gerald Eckert e Luc Döbereiner–, abordará o concepto do espazo na composición e contará coa participación do filósofo Arturo Leyte e do compositor Luc Döbereiner.

Todas as sesións de Do Audible son ás 20:30 horas e de acceso gratuíto, ata completar a capacidade. Os concertos corren a cargo de Vertixe Sonora Ensemble, unha formación Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria integrada por destacados solistas de música contemporánea de Galicia e de Portugal, que conxuga artistas sonoros, artistas plásticos, músicos de jazz, intérpretes clásicos e xente do teatro e da danza.

Con este ciclo, a Secretaría Xeral de Cultura e Vertixe Sonora procuran o achegamento do público xeral á música e ás expresións contemporáneas, con experiencias novidosas.

A edición deste ano do ciclo Do Audible conta coas colaboracións da Universidade de Vigo, de Gas Natural Fenosa, do Concello de Pontevedra, de Pro Helvetia, de Kulturrat des Kantons Wallis, de Berliner Senatskanzlei Kulturelle Angelegenheiten e do Instituto Goethe. 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora