A Ferrería goza co clásico man a man entre a Banda de Música de Pontevedra e a de Salcedo

Pontevedra
12 de agosto 2014

O recital tivo lugar nunha poboada Praza da Ferrería. A Banda de Música de Pontevedra repite este martes acompañando á Roda

Concerto man a man da Banda de Música de Pontevedra e Salcedo
Concerto man a man da Banda de Música de Pontevedra e Salcedo / Diego Torrado

A Banda de Música de Pontevedra e a Banda de Salcedo protagonizaron este luns o que se converteu xa nun clásico das Festas da Peregrina, o seu concerto man a man.

Coma se dunha competición se tratase, un sorteo previo ditaminou a orde de actuación de ambas as dúas formacións, que ofreceron o seu mellor repertorio ao numeroso público asistente.

A Praza da Ferrería acolleu este particular enfrontamento dende as 21:00 horas.

Este martes 12 de agosto, á mesma hora e tamén na Ferrería, a Banda de Música de Pontevedra repetirá actuación, esta vez acompañando a formación de A Roda.