A Filarmónica trae á pianista Judith Jáuregui de concerto a Pontevedra

Pontevedra
25 de abril 2019

Organizado pola Sociedad Filarmónica de Pontevedra, o vindeiro luns 29, ás 20:30 horas, terá lugar no Teatro Principal un concerto da pianista Judith Jáuregui, unha das figuras máis valoradas do panorama musical español

Judith Jáuregui Sociedad Filarmónica de Pontevedra

Organizado pola Sociedad Filarmónica de Pontevedra, o vindeiro luns 29, ás 20:30 horas, terá lugar no Teatro Principal un concerto da pianista Judith Jáuregui, unha das figuras máis valoradas do panorama musical español.

Nacida en San Sebastián en 1985, o seu talento destacou moi pronto levándolle a debutar en recital con apenas 11 anos. A súa presenza é habitual nos principais escenarios españois e deu o salto internacional en festivais e salas de referencia tanto de Europa como de Asia.

Realizou unha xira por varias cidades de Xapón xunto á Orquestra Nacional de España. Tamén levou a cabo varias xiras por China. Colaborou con numerosas orquestras.

Cumprindo coa súa faceta máis emprendedora, a pianista creou en 2013 o seu propio selo discográfico, BerliMusic. Ademais gravou para medios como Radio Nacional de España, Radio Televisión Española ou France Musique de Radio France. 

O pasado 18 de marzo, Judith presentou o seu último disco, "Pour lle tombeau de Claude Debussy" para o selo alemán Ars Produktion, que foi gravado en directo en Viena en outubro de 2018 durante o seu recital do ciclo "Imperial in Concert" organizado pola recoñecida firma de pianos Bösendorfer, de cuxo grupo de artistas Judith pasou a formar parte como Bösendorfer Artist. 

En Pontevedra, Judith ofrecerá obras de Beethoven, Chopin, Liszt e Debussy.