A forza irresistible de Delafé, próxima cita coas matinés do Teatro Principal

Pontevedra
29 de maio 2017

As matinés do Teatro Principal recibirán este sábado 3 de xuño, a partir das 12.00 horas, a unha das bandas máis aclamadas da escena independente española. Trátase de Delafé, que presentarán en directo o seu novo traballo, La fuerza irresistible

Óscar D'Aniello, líder de Delafé
Óscar D'Aniello, líder de Delafé / Emerge Comunicación

As matinés do Teatro Principal recibirán este sábado 3 de xuño, a partir das 12.00 horas, a unha das bandas máis aclamadas da escena independente española. Trátase de Delafé, que presentarán en directo o seu novo traballo, La fuerza irresistible.

Este disco é o primeiro da nova etapa do grupo, con Óscar D'Aniello á fronte, tras a marcha de Helena Miquel, coa que o catalán compartiu proxecto musical durante máis dunha década.

Xa convertido en solista, Delafé ofrece neste álbum unha auténtica licuadora de sons que planea por diversos estilos sempre abrazando o espírito da música negra.

Todo un arsenal de cancións rompepistas e vitalistas que consolidan unha versatilidade moi pouco común na composición musical: pop, hip-hop, soul, funk, electro, disco, e o inconfundible parafraseado de Delafé, a súa enerxía incombustible e a autoría de mensaxes bala.

As entradas están á venda a través de www.ataquilla.com.