Estilos como o soul, indie, rock, rap, trap soan na praza da Pedreira coa lingua galega como fío condutor dentro da programación do Galegote Rock 2018 nunha nova edición marcada polas inclemencias meteorolóxicas.
Por este motivo nesta edición instalábase unha carpa en Mugartegui que cubría o escenario onde Son da Rúa, Cinta Adhesiva, Dj Sr. Fiuza, Espiño, Esposa, Ataque Escampe, The Lely Kelly's, Os Amigos dos Músicos, Dakidarría (acústico) e Dj Manuele Caamagno realizan actuacións durante este sábado desde as 12.30 horas ata case a medianoite.
Estes concertos son promovidos pola Concellería de Normalización Lingüística a través da organización da Sala Karma co obxectivo de promover a música en galego en espazos públicos e entre afeccionados de todas as idades.