Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán regresan aos escenarios. Tras o éxito do seu espectáculo conxunto, titulado Somos Criminais, os dous artistas volven a repetir experiencia. Será con Somos Criminais 3, porque aseguran que "segundas partes nunca foron boas".
A estrea terá lugar o próximo 4 de decembro na Illa de Arousa, pero a xira de este espectáculo pasará posteriormente por outras dez localidades galegas, entre elas Pontevedra (22 e 23 de xaneiro), Vilagarcía de Arousa (4 e 5 de febreiro), Vigo e Cangas.
En Somos Criminais 3, ambos cómicos analizan Galicia e os seus habitantes para saber como somos e para saber por que somos como somos.
Somos criminais no sentido menos criminal da palabra? Temos unha maneira propia de ser e de estar? Somos diferentes, somos parecidos ou somos iguais aos demais? Son certos os tópicos sobre nós? Son algunhas das preguntas ás que os dous cómicos tentarán dar resposta.
A venda de entradas xa estarán dispoñibles no web de Somos Criminais a partir deste xoves.