A ilustradora Eli García invita a sorrir, cada día, durante a corentena

Pontevedra
24 de marzo 2020
Actualizado: 23 de abril

Esta artista creadora fai viñetas diarias recollendo pequenas situacións do confinamento que mantén coa súa parella debido ao espallamento do virus. Eli García púxose como reto entreter a cantas persoas queiran ver as súas viñetas en PontevedraViva durante estes días complicados

Obra de Eli García
Obra de Eli García / Eli García

Eli García é unha artista creativa que habitualmente traballa como ilustradora científica.

Desde o estado de alarma dedica tempo con frecuencia a facer viñetas diarias recollendo pequenas situacións do confinamento que mantén coa súa parella debido á expansión do virus. 

Eli García púxose como reto entreter a cantas persoas queiran ler as súas viñetas en PontevedraViva durante estes días complicados e ofrecerá aos lectores momentos simpáticos coa intención de entreter ao maior número de persoas posible.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora