A influencia galega na obra de Cristóbal Gabarrón poderá contemplarse no Museo de Pontevedra

Pontevedra
10 de marzo 2023

O Museo de Pontevedra inaugurará o vindeiro xoves 16 de marzo a exposición "Gabarrón Atlántico. Ronsel de Saudade", que mostrará por primeira vez a influencia de Galicia na obra do artista murciano Cristóbal Gabarrón

Obra artística de Cristobal Gabarrón
Obra artística de Cristobal Gabarrón /

O Museo de Pontevedra inaugurará o vindeiro xoves 16 de marzo a exposición "Gabarrón Atlántico. Ronsel de Saudade", que mostrará por primeira vez a influencia de Galicia na obra do artista murciano Cristóbal Gabarrón.

A exposición, que contará co crítico de arte Antón Castro como comisario, ofrecerá ao público a oportunidade de revisar a carreira de Gabarrón, que desde finais dos anos 90 pasa longas tempadas na súa casa e estudo de Bueu.

A través dun centenar de obras, a mostra profundará na influencia galega neste pintor e escultor, que presentará en Pontevedra pezas realizadas en distintos xéneros, materiais e formatos, que forman parte das súas series máis representativas.

Nelas, segundo Castro, recóllese a influencia na paisaxe, na ósmose xeográfica da luz e o atlantismo oceánico, a orografía ou a tradición da pedra como identidade, etnografía e da antropoloxía do país que habita, desde as terras pontevedresas do Morrazo.

Gabarrón, ao que o comisario define como un "nómade xeográfico", logrou ser "permeable" á luz e natureza do Mediterráneo, á  "sobriedade" castelá e leonesa, rexión na que residiu na súa mocidade, ou ao dinámico contexto cultural de Nova York.

A estancia en Galicia, subliña Antón Castro, permitiu ao artista definir a súa "variable atlántica" e empaparse da cultura, a paisaxe e a "ósmose xeográfica" da luz e o océano.