A maxia de Dani Polo abre o ciclo 'Ponteilusión' na Praza da Ferrería

Pontevedra
25 de xullo 2021

O escenario das Festas de Verán na Ferrería estreou este sábado un novo ciclo. O mago Dani Polo foi o encargado de abrir Ponteilusión, que traerá a Pontevedra a algúns dos mellores ilusionistas do momento

Actuación de Dani Polo no ciclo 'Ponteilusión'
Actuación de Dani Polo no ciclo 'Ponteilusión' / Cristina Saiz

O escenario das Festas de Verán na Ferrería estreou este sábado un novo ciclo. O mago Dani Polo foi o encargado de abrir Ponteilusión, que traerá a Pontevedra a algúns dos mellores ilusionistas do momento.

O público pontevedrés puido gozar do talento do meigo galego que, a través dun espectáculo trepidante e áxil, demostrou que calquera cousa é posible sobre o escenario.

Ponteilusión continuará ao longo dos próximos días, ata o mércores 28, e farao xa este mesmo domingo co pontevedrés Pedro Volta, que ofrecerá un espectáculo no que xogará cos soños e as fantasías da infancia dos espectadores.

O ciclo completarase coas actuacións de Arkadio e Solange Kadinaly (luns 26), Mago Teto (martes 27) e o Mago Cayetano Lledó (mércores 28).

Todas as actuacións, que son gratuítas para o público, comezarán ás 22:00 horas.