A música de Carlos Jean pon fin aos concertos da Peregrina

Pontevedra
17 de agosto 2015

O músico ferrolano ofreceu o último gran concerto da Semana Grande ante o numeroso público da Praza de España, ofrecendo unha mostra do repertorio que o converteu nunha das referencias nacionais da música electrónica

Concerto de Carlos Jean na Praza de España
Concerto de Carlos Jean na Praza de España

O broche final dos concertos da Semana Grande correu a cargo este domingo do ferrolano Carlos Jean.

O produtor e DJ congregou numeroso público no escenario da Praza de España, na que ofreceu parte do repertorio que o converteu nunha das referencias nacionais da música electrónica.

No concerto Jean presentou temas recentes como 'Lady' ou 'Lifetime', pero tamén éxitos pasados que fixeron a delicia dos presentes.

Ao termo do espectáculo Jean agradeceu aos seus seguidores ter compartido "unos momentos tan míticos" co público pontevedrés.