A música urbana tamén soará nas Festas da Peregrina co rapeiro Delaossa

Pontevedra
28 de xuño 2024

O último en sumarse á nómina de concertos para este ano foi o rapero malagueño Delaossa. Referente do hip-hop en castelán, actuará no escenario principal das festas, na Praza de España, o vindeiro domingo 11 de agosto

Delaossa
Delaossa

Paso a paso vanse desvelando todos os nomes dos artistas que actuarán nas próximas Festas da Peregrina de Pontevedra. O último en sumarse á nómina de concertos para este ano foi o rapero malagueño Delaossa.

Referente do hip-hop en castelán, actuará no escenario principal das festas, na Praza de España, o vindeiro domingo 11 de agosto.

É o cofundador de Space Hammu, un dos colectivos musicais underground máis recoñecidos do panorama nacional, proxecto que combina coa súa carreira en solitario.

Ten cinco traballos editados, o álbum Un perro andaluz (2019) e os EP El Palo Nº1 (2016), La Tour Liffee (2020), Playa Virginia (2022) y Rehab en Lamarossa (2023).

Ademais, publicou multitude de colaboracións con outros artistas da música urbana, entre eles Recycled J, Hard GZ, Nicky Nicole ou Natos e Waor.