Centos de nenos tomaron a Praza de España na xornada das Festas da Peregrina adicada aos máis pequenos da casa.
O espectáculo A nena e o grilo nun barquiño, dirixido por Magín Branco, fixo as delicias dos asistentes cunha mestura de teatro, música e contos.
Os 'grilos cantereiros' e 'nenas trotamundos' botaron a voar a imaxinación para protagonizar unha viaxe en barco polo Mundo e encontrase con personaxes do máis diverso.
A nena e o grilo nun barquiño está formado polas compañías Teatro Ghazafelhos e Fantoches Baj e os músicos Magín Branco, Jerry Noia, Jorge Juncal e María Faltri.
Ademais nesta ocasión contaron coa colaboración de tres artistas invitados: Isaac Palacín á batería, Pablo Vidal á guitarra e Uxía Senlle.