'A nena e o grilo nun barquiño' emociona os máis pequenos na Praza de España

Pontevedra
14 de agosto 2014

O espectáculo infantil tomou a testemuña no escenario das Festas da Peregrina. Centos de nenos gozaron da mestura de teatro, música e contos nunha montaxe dirixida por Magín Branco

Espectáculo 'A nena e o grilo nun barquiño' na Praza de España Diego Torrado

Centos de nenos tomaron a Praza de España na xornada das Festas da Peregrina adicada aos máis pequenos da casa.

O espectáculo A nena e o grilo nun barquiño, dirixido por Magín Branco, fixo as delicias dos asistentes cunha mestura de teatro, música e contos.

Os 'grilos cantereiros' e 'nenas trotamundos' botaron a voar a imaxinación para protagonizar unha viaxe en barco polo Mundo e encontrase con personaxes do máis diverso.

A nena e o grilo nun barquiño está formado polas compañías Teatro Ghazafelhos e Fantoches Baj e os músicos Magín Branco, Jerry Noia, Jorge Juncal e María Faltri.

Ademais nesta ocasión contaron coa colaboración de tres artistas invitados: Isaac Palacín á batería, Pablo Vidal á guitarra e Uxía Senlle.