María Carrera é moi coñecida en Pontevedra polo seu estímulo e a súa enerxía, que exterioriza cada ano con motivo da festa do Entroido. É a presentadora do concurso de Charangas que se celebra no Pazo da Cultura e tamén realiza traballos como contacontos.
Estes días presenta en Madrid unha obra de microteatro, que leva por título 'Valiente', un texto que ao longo de 15 minutos disecciona a súa relación cun mozo, que se converteu na súa parella e que falecía hai dous meses como consecuencia de cancro de pulmón.
A obra represéntase na sala 'La escalera de Jacob' e representarase os días 17, 24 e 31 de xullo. Durante esta representación, a actriz pontevedresa conta a súa historia real de amor con Santiago, un relato sobre a loita por vencer, por seguir amando e por ser valente. Segundo explica María Carrera, esta dura historia non deixará indiferente aos espectadores.