A Praza de España enche de 'lambones'

Pontevedra
18 de agosto 2018

A habitual festa infantil da Peregrina encheu de sorrisos e bo humor o escenario principal da Praza de España, co espectáculo de Uxía Lambona e a Banda  Molona

Uxía Lambona e a Banda Molona nas Festas da Peregrina
Uxía Lambona e a Banda Molona nas Festas da Peregrina / Diego Torrado

O escenario musical da Praza de España viviu este venres a tradicional festa infantil da Peregrina, enchendo de sorrisos e bo humor a zona.

Centos de nenos e nenas convertéronse por unhas horas en 'lambones' para bailar coa proposta de Uxía Lambona e a Banda Molona.

Esta formación de música infantil interpreta clásicos populares galegos pero desde unha visión particular e orientado á diversión dos pequenos.

Foi unha xornada de xogos e bailes que deu continuidade á programación festiva da Semana Grande.