A Primavera das Letras de María Victoria Moreno estréase no colexio Marcos da Portela

Pontevedra
22 de febreiro 2018

A Real Academia Galega presentou este xoves 22 de febreiro, no colexio de educación primaria Marcos da Portela, o proxecto web Primavera das Letrasb>, dedicado a María Victoria Moreno, protagonista do Día das Letras Galegas 2018

Foto de grupo de alumnado, profesorado, membros da Academia e familiares de María Victoria Moreno RAG

A Real Academia Galega presentou este xoves 22 de febreiro, no colexio de educación primaria Marcos da Portela, o proxecto web Primavera das Letras, dedicado a María Victoria Moreno, protagonista do Día das Letras Galegas 2018.

Primavera das Letras achega ao profesorado, aos pais e nais e ao alumnado ao universo vital e literario da homenaxeada.

As actividades non só tratan aspectos lingüísticos e literarios, senón que tamén competencias de coñecemento do medio natural e social, da historia ou da educación artística.

Este foi o primeiro acto dentro do ano de María Victoria Moreno. Os encargados de presentar o proxecto foron a directora do centro Alicia Martínez, o presidente da Real Academia Galega Víctor F. Freixanes e a académica Fina Casalderrey.

Ademáis contouse coa presenza da filla da homenaxeada, Begoña Llácer Moreno, e o seu viúvo, Pedro Ferriol.

Os alumnos fixeron unha homenaxe a María Victoria Moreno recitando e dramatizando diversos fragmentos da súa obra, nos que se inclúen 'Elexías de Luz' ou un anaco do pregón que leu na Feria do Libro de Pontevedra de 2003.

O presidente da RAG expresou o seu agrado co entusiasmo dos docentes: “Aí está o corazón do futuro. A docencia consiste en comunicar emocións, comunicar coñecementos, comunicar valores, ser quen de compartir cos rapaces e rapazas unha maneira nova de ver o mundo”.

Primavera das Letras é tamén un modo de visibilizar estas achegas docentes a través do concurso 'Contádenos o voso Días das Letras', que tivo a súa primeira edición no 2017.

Os materiais de Primavera das Letras iranse publicando dende este xoves 22 de febreiro ata as vésperas do 17 de maio, día no que a RAG volverá a Pontevedra para celebrar o acto central do Día das Letras Galegas no Teatro Principal.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en