A reedición do libro "O Canón de Pau" esperta interese en Carballedo

Cerdedo Cotobade
09 de febreiro 2019

Preto dun cento de persoas acudiron á presentación da reedición do libro de Salustiano Portela Pazos, veciño do municipio falecido no ano 1976

Presentación da reedición do libro 'O Cañón de Pau"
Presentación da reedición do libro 'O Cañón de Pau" / Concello de Cerdedo-Cotobade

A Casa do Concello de Cerdedo-Cotobade, en Carballedo, acolleu este venres a presentación da reedición do libro "O Canón de Pau".

Trátase dunha obra de Salustiano Portela Pazos, clérigo e historiador nado na parroquia de Rebordelo e que escribiu o texto no ano 1913, aínda que non foi publicado ata 1976, ano do seu falecemento.

O libro narra as peripecias e os segredos da resistencia organizada polos veciños de Cotobade contra o exército francés na Guerra da Independencia.

Esta presentación levantou un gran interese, con preto dun cento de asistentes no salón multiusos.

A reedición puido sacarse adiante grazas á colaboración do Concello, as consellerías de Cultura e Educación, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora