A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a inauguración da exposición "Aire Galería"

Pontevedra
09 de febreiro 2023

A Facultade de Belas Artes de Pontevedra recollerá as obras de arredor de cincuenta artistas baixo a exposición Aire Galería, centrada na traxectoria deste espazo expositivo de Bilbao

Inauguración da exposición "Aire Galería" / Álvaro Arosa

A Facultade de Belas Artes de Pontevedra recollerá as obras de ao redor de cincuenta artistas baixo a exposición Aire Galería, centrada na traxectoria deste espazo expositivo en Bilbao.

A inauguración celebrouse este xoves ás 12:00 horas e a exposición se poderá visitar ata o 7 de abril en horario de 09:00 a 14:00 horas.

O acto inaugural contou coa presenza de Eva María Lantarón, vicerreitora do campus de Pontevedra; Xosé Manuel Buxán, decano da Facultade de Belas Artes; Luís Torres, director de área adxunta á Vicerreitoría; Chelo Matesanz, coordinadora da Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, e Adolfo Ramírez, comisario da exposición

O obxectivo desta exposición é dar visibilidade ao labor artístico do alumnado e do profesorado vinculado á Facultade de Belas Artes da Universidade do País Vasco (UPV/EHU).

O comisario da exposición, Adolfo Ramírez, agradecía enormemente á Facultade de Belas Artes de Pontevedra por acoller esta exposición na Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes.

Según explicaba o comisario, Aire Galería forma parte dunha colección na que leva traballando desde o ano 1995.

Ramírez definía esta exposición como unha actividade con "un tono lúdico y bastante versatil, que forma parte de una asociación sin ánimo de lucro llamada Fi".

O acto completouse coa performance "Eskaleira" da artista Miren Barrena, que foi desenvolta por ela durante a súa estadía en Jai Tabakalera 2021, San Sebastián, e que tamén puido verse posteriormente en Londres e Bilbao.