A terceira edición de Novos Cinemas contará con 15 películas nas súas seccións competitivas

Pontevedra
29 de novembro 2018

O festival pontevedrés contará con obras de cineastas de Canadá, USA, Francia, Portugal, China, Brasil, España, Ecuador ou Arxentina. Ademais realizarase unha retrospectiva da lisboeta Teresa Villaverde

Fotograma de 'Os mutantes', de Teresa Villaverde, protagonista de la retrospectiva de Novos Cinemas 03
Fotograma de 'Os mutantes', de Teresa Villaverde, protagonista de la retrospectiva de Novos Cinemas 03 /

Novos Cinemas, o Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, deu a coñecer as películas que compoñerán as seccións competitivas da súa terceira edición, que se celebrará entre o 11 e o 16 de decembro.

Entre a Seccion Oficial e a Sección Latexos estarán presentes os primeiros e segundos traballos de cineastas de Canadá, USA, Francia, Portugal, China, Brasil, España, Ecuador ou Arxentina, dos que case na súa totalidade son películas inéditas en Galicia.

A Sección Oficial compóñena:

  • 'Fail to Appear' | Antoine Bourges (CAN)
  • 'The World is full of secrets' | Graham Swon (USA)
  • 'Sophia Antipolis' | Virgil Vernier (FRA)
  • 'DRVO/ARVORE' | André Gil Mata (POR)
  • 'You have the night' | Ivan Salatic (MON)
  • 'Suburban Birds' | Qui Sheng (CHI)
  • 'Un violent desir de bonheur' | Clement Schneider (FRA)
  • 'Chuva e Cantoria' | Joao Salaviza & Renee Nader (BRA-POR)
  • 'Trinta lumes' | Diana Toucedo (GAL)

 

Pola súa banda a Sección Latexos, espazo para los autores máis novos, contará con cinco propuestas:

  • 'El silencio es un cuerpo que cae' | Agustina Comedi (ARX)
  • '<3' | María Antón Cabot (ESP)
  • 'La muerte del maestro' | José María Avilés (ECU)
  • 'Letters to Paul Morrisey' | Armand Rovira (ESP)
  • 'Young & Beautiful' | Marina Lameiro (ESP)
  • 'Nocturno' | Álvaro F. Pulpeiro (GAL) (fóra de concurso)

 

Ademais Novos Cinemas poñerá o foco a través dunha retrospectiva no traballo da cineasta portuguesa Teresa Villaverde, pioneira da reconversión estética que se produciu no cinema luso a principios da década dos noventa.