A versión teatral de "Atraco a las tres", o 7 de abril en Pontevedra

Pontevedra
27 de marzo 2017

Atraco a las tres, unha das películas míticas do cinema español, regresa a escena. Faino reconvertida en función teatral, un espectáculo dirixido por Carlos Pardo que poderá verse en Pontevedra o próximo 7 de abril ás 20.00 horas. Será no auditorio de Afundación

Escena de "Atraco a las tres"
Escena de "Atraco a las tres" /

Atraco a las tres, unha das películas míticas do cinema español, regresa a escena. Faino reconvertida en función teatral, un espectáculo dirixido por Carlos Pardo que poderá verse en Pontevedra o próximo 7 de abril ás 20.00 horas. Será no auditorio de Afundación.

Esta adaptación teatral respecta o guion orixinal da película e incorpora ademais números musicais.

A obra traslada aos espectadores a unha España empobrecida, onde un grupo de traballadores dunha sucursal bancaria sobreviven día a día como unha familia, rexentada polo bo de don Felipe, o director da sucursal.

Empeñado en dar préstamos ao que o necesita no canto de ao que dá máis beneficio ao banco, será despedido e substituído polo malvado Prudencio, o antigo subdirector.

Feridos por esta inxustiza, todos os empregados uniranse nun ambicioso plan urdido polo astuto Galindo, o responsable do portelo de ingresos e cobros, para realizar o roubo do século. Pero a aparición da bela Katia, estrela de revista e muller fatal, provocará que todo o plan perige.

As entradas para esta función están dispoñibles na web Ataquilla.com ou ben no teléfono 902 504 500.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora