'A viaxe da nosa vida', concerto en Ribadumia para reivindicar as mulleres compositoras

O Salnés
13 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

O concerto correrá a cargo da Banda de Música Municipal de Ribadumia, dirixida por Lara González Cortés. Este domingo 17 de marzo ás 20.00 horas no Auditorio de Ribadumia

Banda de Música Municipal de Ribadumia
Banda de Música Municipal de Ribadumia / Banda de Música Municipal de Ribadumia

Este domingo 17 de marzo ás 20.00 horas, o Auditorio de Ribadumia acollerá un concerto dentro das conmemoracións con motivo do 8M.

Baixo o título de 'A viaxe da nosa vida', a Banda de Música Municipal de Ribadumia, dirixida por Lara González Cortés, ofrecerá unha sesión na que se conecta a creatividade e a influencia das mulleres compositoras.

A idea é ofrecer unha visión sobre a diversidade cultural con traballos de distintas creadoras con notas que abren fronteiras e que son referentes no panorama musical internacional.

O programa inclúe as pezas  'Bienvenidos a la Noche de San Juan', de Raquel Moyano Mañanes; 'La memoria silenciada', de María José Belenguer; 'La Odisea', de Sara Galiana Sola; e 'Luisa Font', de Andrea Picou Font.