A violencia de xénero chega a Afundación da man do teatro

Pontevedra
29 de abril 2016

A tempada de teatro da Fundación Galicia Obra Social (Afundación) regresou este xoves ao auditorio da sede pontevedresa coa obra Nuestras mujeres de Eric Assous. A representación, dirixida por Gabriel Oliveirais, estivo protagonizada por Gabino Diego, Antonio Garrido e Antonio Hortelano

Representación da obra de teatro 'Nuestras mujeres' en Afundación
Representación da obra de teatro 'Nuestras mujeres' en Afundación /

A tempada de teatro da Fundación Galicia Obra Social (Afundación) regresou este xoves ao auditorio da sede pontevedresa coa obra Nuestras mujeres de Eric Assous.

A representación, dirixida por Gabriel Olivares e protagonizada por Gabino Diego, Antonio Garrido e Antonio Hortelano, levou ao escenario un drama de actualidade na sociedade española, a violencia de xénero. 

Os espectadores asistiron á representación da historia de tres vellos amigos que quedaron para xogar a súa habitual partida de cartas, pero uno deles chegou tarde á súa cita por unha razón de peso: o asasinato da súa muller.

A obra trata temas universais como o valor da amizade, o deber, a idea de xustiza e, por encima de todo, a loita entre o correcto e o incorrecto. 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora