A voz de Luis Emilio Batallán solidarizouse coa asociación Juan XXIII

Pontevedra
24 de novembro 2017

O cantautor pontevedrés ofreceu este concerto solidario no Teatro Principal para obter fondos para esta asociación de axuda a persoas con discapacidade intelectual

Concerto de Luis Emilio Batallán para a asociación Juan XXIII
Concerto de Luis Emilio Batallán para a asociación Juan XXIII / Diego Torrado

O cantante Luís Emilio Batallán ofreceu unha colección dos seus mellores temas no recital que se desenvolveu durante a noite deste xoves no Teatro Principal de Pontevedra.

O concerto tiña fins solidarios con venda de entradas a prezos de 10 e de 15 euros. A recadación vai destinada a apoiar as actividades da asociación Juan XXIII, que presta atención a persoas con discapacidade intelectual.

Un coro formado por usuarios dos centros da asociación participaron na actuación de Batallán cantando temas do cantante. Numeroso público asistiu a esta gala.  

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora