A xira de The Sadies chega a España, con parada en Pontevedra o 1 de abril

Pontevedra
23 de marzo 2017

A banda canadense The Sadies xa está en España. O tour de presentación do disco Nothern Passages comeza este xoves en Barcelona e, tras outros sete concertos, chegará a Pontevedra. Será o próximo 1 de abril, ás doce do mediodía, na segunda cita do ciclo As Matinés do Principal

The Sadies, banda canadense
The Sadies, banda canadense / Houston Party Music

A banda canadense The Sadies xa está en España. O tour de presentación do disco Nothern Passages comeza este xoves en Barcelona e, tras outros sete concertos, chegará a Pontevedra.

Será o próximo 1 de abril, ás doce do mediodía, na segunda cita do ciclo As Matinés do Principal.

Nothern Passages é o décimo disco deste grupo liderado polos irmáns Dallas e Travis Good.

Esta curtida banda canadense leva desde 1998, cando debutou nas filas da discográfica de Chicago Bloodshot, aplicando tratamentos de elegancia a unha música que hibrida garage, psicodelia, rockabilly surf e bluegrass.

As entradas para este concerto teñen un prezo de 14 euros e pódense adquirir en www.ataquilla.com.