A xornalista Ana Cabaleiro presenta o seu primeiro libro de relatos, 'Sapos e sereas'

Pontevedra
27 de abril 2017

A presentación desenvolveuse este mércores na Casa da Luz coa presenza de numeroso público

Presentación do libro "Sapos e sereas", de Ana Cabaleiro
Presentación do libro "Sapos e sereas", de Ana Cabaleiro

Ana Cabaleiro é unha xornalista nacida en Silleda e que actualmente desenvolve a súa actividade profesional na Deputación de Pontevedra. 'Sapos e sereas' é a súa primeira experiencia literaria e este mércores presentaba este conxunto de relatos na Casa da Luz.

O acto contou coa presenza de numeroso público. Ana Cabaleiro explicou o contido deste traballo literario acompañada polo director da editorial Galaxia, Francisco Castro e polo presidente do Ateneo de Pontevedra, Xaime Toxo.

Entre o público atopábanse a presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva, o deputado de Cultura, Xosé Leal e a deputada Eva Vilaverde, ademais da concelleira de Cultura de Pontevedra, Carmen Fouces.

En 'Sapos e sereas', Ana Cabaleiro dálle volta a historias que pensabamos que só se podían contar dunha maneira e, deste xeito, relata como moitos sapos non merecen saír das súas fochancas.