Afonso Eiré presenta 'Ausentes', unha novela sobre a emigración, no Museo Manuel Torres

Marín
26 de xaneiro 2023

O escritor e xornalista presenta este venres 27 de xaneiro ás 19.30 horas, no salón de actos do Museo Manuel Torres de Marín, a súa última novela, 'Ausentes' (Hércules de Ediciones), nun acto organizado pola Asociación Cultural Grupo Aberto

Portada de 'Ausentes', de Afonso Eiré
Portada de 'Ausentes', de Afonso Eiré / Hércules de Ediciones

O escritor e xornalista Afonso Eiré presenta este venres 27 de xaneiro ás 19.30 horas no salón de actos do Museo Manuel Torres de Marín, a súa última novela 'Ausentes', editada por Hércules de Ediciones, nun acto organizado pola Asociación cultural Grupo Aberto.

Neste libro, o escritor e xornalista recolle vivencias dos que, ao longo da historia, tiveron que emigrar a distintos países de América, de Europa ou noutras comunidades do Estado, pero tamén dos que quedaron en Galicia xa que, como comenta o autor, "todos sofren de ausencia".

Ofrécese nesta novela un achegamento aos personaxes penetrándose nos pensamentos e nas súas vidas. O escritor, que foi director da Nosa Terra, sitúa a acción entre as persoas convidadas a unha voda na que os asistentes están relacionados coa emigración.