Alexander Vórtice presenta 'Vegetaciones Carnívoras' en Cronopios

Pontevedra
09 de novembro 2017

O sétimo traballo literario do escritor pontevedrés será presentado este xoves 9 a partir das 19.30 horas. O autor estará acompañado pola blogueira Silvia R. Coladas e a editora bilbaína María José Mielgo

Presentación dunha obra de Alexander Vórtice en 2013
Presentación dunha obra de Alexander Vórtice en 2013 / Diego Torrado

Este xoves 9 a partir das 19.30 horas, a Librería Cronopios de Pontevedra acollerá a presentación do último traballo do escritor pontevedrés Alexander Vórtice. O libro leva por título 'Vexetacións Carnívoras' e está editado por Literarte.

A sétima publicación de Vórtice contén poemas en lingua castelá nos que recolle con acidez situacións da sociedade actual e a tendencia cara ás posicións enfrontadas, entre o ben e o mal, o branco e o negro ou o ying e o yang.

Trátase do libro máis introspectivo de Vórtice, que estará acompañado nesta presentación pola bloguera Silvia R. Coadas e pola editora bilbaína María José Mielgo. O autor é colaborador de PontevedraViva e do Diario de Pontevedra. Ademais de obras poéticas publicou outros xéneros como a narrativa e as columnas de opinión.