'Ana, también a nosotros nos llevará el olvido' represéntase o sábado 30 de abril no Pazo da Cultura

Pontevedra
18 de abril 2022

As entradas xa están a venda a través de Ataquilla. O espectáculo forma parte da tempada teatral organizada polo Concello de Pontevedra. Esta montaxe obtivo en 2019 catro candidaturas aos Premios Max e cinco Premios Réplica do Teatro Canario. Os protagonistas son Marta Viera, María de Vigo, Rubén Darío y Ruth Sánchez

Escena de 'Ana, también a nosotros nos llevará el olvido'
Escena de 'Ana, también a nosotros nos llevará el olvido' / @unahoramenosproducciones
@unahoramenosproducciones presenta o sábado 30 de abril a partir das 21.00 horas no escenario do Pazo da Cultura a obra teatral 'Ana, también a nosotros nos llevará el olvido', un espectáculo centrado nas pequenas vitorias das mulleres ao longo dos anos. 

Trátase dun texto asinado por Irma Correa e que, coa dirección de Mario Vega, será interpretado por Marta Viera, María de Vigo, Rubén Darío y Ruth Sánchez. Esta montaxe obtivo no ano 2019 catro candidaturas aos Premios Max e cinco Premios Réplica do Teatro Canario: mellor espectáculo, dirección, interpretación, escenografía e iluminación.

A obra narra a historia de Ana, unha muller que exerce de ama de casa na España da década dos sesenta. Está casada con Lope, un avogado que logra un posto nun Ministerio. A vida de Ana dará un xiro cando coñece a  Vivian, unha fotógrafa francesa cun espírito libre que lle fará reformularse as súas directrices diarias. A través desta proposta ofrécese unha mensaxe feminista e reivindicativa.

As entradas atópanse á venda a través de Ataquilla. Esta función forma parte da Tempada teatral organizada pola concellería de Cultura de Pontevedra no Pazo da Cultura.