'Andar por casa' de Galia Blanco permanecerá aberta ata o 18 de xullo no Círculo Cultural

Sanxenxo
09 de xullo 2024

Vinte obras están dispoñibles na sala de exposición do Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo. Francisco Hernández, presidente da entidade, e Natividad Parada, concelleira de Educación asistiron á inauguración da mostra

Natividad Parada, Francisco Hernández e Galia Blanco na presentación de 'Andar por casa'
Natividad Parada, Francisco Hernández e Galia Blanco na presentación de 'Andar por casa' /

Ata o 18 de xullo a artista compostelá Galia Blanco presenta a súa nova obra pictórica na sala de exposicións do Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo.

Baixo o título de 'Andar por casa' ofrece dúas alternativas: 'Eternas' e 'Paisaxes abstractas'.

Trátase de vinte obras que se presentaban nas últimas horas coa presenza da autora, o presidente da entidade, Francisco Hernández, e a concelleira de Educación de Sanxenxo, Natividad Parada.

Galia Blanco, pintora de profesión e xornalista de oficio, combina o abstracto co sereno ofrecendo unha gama de cores que dan vitalidade aos seus traballos artísticos.

A creadora busca equilibrio entre o ambiente real e o ficticio nestas novas propostas.