Ángel Stanich, un furacán indomable no seu regreso á Sala Karma

Pontevedra
05 de novembro 2022

Ángel Stanich volveuno a facer. O público pontevedrés encheu de novo a Sala Karma para asistir ao concerto do artista santanderino, que onte á noite presentou en directo o seu último disco

Concerto de Ángel Stanich na Sala Karma
Concerto de Ángel Stanich na Sala Karma / PontevedraViva

Ángel Stanich volveuno a facer. O público pontevedrés encheu de novo a Sala Karma para asistir ao concerto do artista santanderino, que onte á noite presentou en directo o seu último disco.

Polvo de Batiatto, o terceiro álbum da súa carreira, editouse a finais do pasado ano. Chegou ao mercado tras case tres anos de retiro artístico, explorando territorios aínda máis intimistas e confesionais e cunha retranca aínda máis desatada. 

Todo iso notouse sobre o escenario da sala pontevedresa, na que ademais dos seus novos temas soaron grandes éxitos como Carbura!, Metralleta Joe, Galicia Calidade ou Mátame Camión.

Durante o concerto, Stanich quixo ir repasando a historia da propia cidade de Pontevedra, facendo unha chiscadela así a unha localidade que, cada vez que actúa nela, envórcase con el.

Poesía, humor e ironía por milleiros foron as claves da actuación do que, para moitos, é o artista máis enigmático inclasificable do pop nacional.