Animatrón a esgalla nas Palmeiras

Pontevedra
31 de xullo 2023

Desde este luns 31 de xullo ata o venres 4 de agosto celébrase o festival infantil con diferentes actividades, obradoiros e espectáculos durante as tardes. A proposta forma parte das Festas de Verán 2023

Animatrón 2023
Animatrón 2023 / Cristina Saiz

O festival infantil Animatrón volve ao Parque das Palmeiras pontevedrés. 

Desde este luns 31 de xullo ata o venres de agosto celebraranse, desde as 18.00 ata as 21.00 horas, diferentes actividades destinadas ao público infantil.

Ao longo de cada día propóñense talleres temáticos e espectáculos de zancudos, malabares, globos xigantes, monicreques, maxia e actuacións do Home Orquestra.

Os máis pequenos coas súas ferramentas e os seus cascos regulamentarios teñen tamén a posibilidade de construír unha cidade con pezas que simulan un xogo Lego xigante. 

As actividades son gratuítas e forman parte das propostas do programa Festas de Verán de Pontevedra.