'Antología del (des)amor' é a quinta entrega da serie de novelas gráficas 'Narrador y sus mil historias', que recompila os cómics diarios publicados nas redes sociais @piuley. Nelas, o autor José Malvárez Carleos conta os periplos dun viaxeiro chamado Narrador no seu afán por recoller todas as historias do mundo.
Este proxecto naceu como reto persoal no que o autor se propoñía facer mínimo unha páxina de banda deseñada diaria improvisada. O reto culminou cun total de máis de 1200 entregas debuxadas ao longo de mil días, dende o ano 2017 ao 2020.
En 'Antología del (des)amor' os relatos incluidos teñen un factor común: o amor, ou máis ben, o desamor. No primeiro deles, titulado 'Ella y él', narra como a amizade entre dous amigos da infancia vai a máis cando chegan á adolescencia e os problemas que atopan entón. No segundo relato, Pura ficción, un rapaz arrepíntese da súa falta de valor para lanzarse a conquistar a quen quere. O último relato, titulado 'Delante de tus ojos', fala dun amor imposible e obsesivo.
O libro está a venda en formato de tapa branda a prezo de 5 euros a través de Amazon Tamén se atopa en versión dixital por 1 euro, dispoñible en Lektu.
O AUTOR
José Malvárez Carleos é un autor completo, deseñador gráfico, escritor e ilustrador, afincado en Portosín (Porto do Son). Graduado en Comunicación Audiovisual e exalumno da Escola de Banda Deseñada O Garaxe Hermético dirixida por Kiko da Silva. Tras terminar os seus estudos, adícase a dous retos personais: escribir e dibuxar a diario e publicar nas redes todo o que crea. Actualmente é colaborador habitual en Pontevedra Viva, a sua última publicación: Na procura da creatividade
Podes atopar máis información na súa páxina web: http://www.piuley.es