Anxo Araújo ofrece un concerto "moi especial" cheo de lembranzas felices

Pontevedra
20 de agosto 2024

O artista subiu ao escenario mostrando que se trataba dun momento moi especial, como comentou nas súas redes sociais: "moi preto da ferretería dos meus avós, da casa de Frasia, da academia de Miguel... Moi preto de moitas e moitas cousas"

Concerto de Anxo Araújo
Concerto de Anxo Araújo / Cristina Saiz

Este luns 19 de agosto, a Praza da Ferrería de Pontevedra foi o escenario perfecto para recibir o compositor e músico pontevedrés Anxo Araújo.

O artista subiu ao escenario mostrando que se trataba dun momento moi especial, como comentou nas súas redes sociais: "moi preto da ferretería dos meus avós, da casa de Frasia, da academia de Miguel... Moi preto de moitas e moitas cousas".

Anxo Araújo, coñecido por retratar historias de decepcións cun toque do que denomina "feliz tristeza", presentou un repertorio que incluíu temas do seu primeiro disco, 'Plan de urbanismo para un novo couto mixto'.

Pero, ademais, a cita musical foi unhba cita idónea para que o compositor presentase temas do traballo publicado en marzo de 2024, 'Aprender a bailar', no que se inclúen nove temas.

O público disfrutou do seu característico pop melódico combinado con elementos do folk galego con ritmos bailables e sintetizadores, creando un paisaxe sonoro próximo. Araújo leva máis de dúas décadas na escena musical, e demostrou ser un referente actual do pop que se fai en Galicia.

As súas actuacións en eventos como os Atardeceres no Gaiás ou o Surfing the Lérez convertérono nun artista recoñecido que se abre oco entre os músicos con estilo definido e raíces propias.