O Festival Revenidas encheu Vilaxoán nunha fin de semana de récord con máis de 10.000 persoas nos concertos de pago e máis de 11.000 persoas nas actividades de ocio que rodean ao festival, entre elas a sardiñada popular, que tivo a maior afluencia da súa historia con máis de 8.000 persoas que esgotaron unha tonelada de sardiñas.
Amais, o festival volveu a colgar o cartel de "completo". As zonas de acampada estiveron cheas e destacou a súa incidencia na ocupación hoteleira de toda a comarca.
Ao igual que está a suceder en todos os festivais incluídos nos #RíasBaixasFests tamén cómpre salientar o grande éxito que tiveron as campañas a prol da igualdade e do respecto ao medio ambiente postas en marcha pola Deputación de Pontevedra.
O stand informativo das campañas de igualdade atendeu a máis dun milleiro de persoas, das que un 62% foron mulleres e un 38% homes.