Aos pontevedreses deulles por 'brincar'

Pontevedra
01 de setembro 2013

Venres noite e sábado noite. ÿltimo fin de semana de agosto. Algún plan de ocio? En Pontevedra a aposta foi a primeira edición do festival Brinca na Praza, que inundou de rock galego a Praza do Teucro. O público non foi tan numeroso como o doutras citas musicais do verán pontevedrés, pero os que acudiron gozárono, en especial, na segunda xornada

Venres noite e sábado noite. ÿltimo fin de semana de agosto. Algún plan de ocio? En Pontevedra a aposta foi a primeira edición do festival Brinca na Praza, que inundou de rock galego a Praza do Teucro. O público non foi tan numeroso como o doutras citas musicais do verán pontevedrés, pero os que acudiron gozárono, en especial, na segunda xornada da cita festivaleira.

Ao aire libre e con entrada gratuíta, o festival levou o Teucro a tres dos grupos máis importantes do rock galaico: Foxy Freire, Güintervan e Zënzar. Música galega e en galego que non ten en Pontevedra un público multitudinario nin xerou aglomeracións, pero si demostrou que ten incondicionais.

O venres foi a quenda do grupo Zënzar, unha das formacións máis lonxevas do rock en galego. En plena celebración dos seus 25 anos sobre o escenario, chegaban a Pontevedra coa súa inconfundible proposta de punk rock con certos toques tradicionais. O sábado a sesión foi dobre. Güintervan, unha das bandas de folk máis bailables e festeiras da música galega; e Foxy Freire, unha das grandes apostas de futuro do rock galego que amenizou a noite con composicións inspiradas no rock de finais dos 60 e comezos dos 70.

A concelleira de Festas, Carme Da Silva, presentou o festival explicando que "nace con vocación de continuidade" e que organizalo resultaba "imprescindible na programación das festas de verán, tendo en conta a excepcional calidade da música galega, particularmente nas Rías Baixas". Foi a primeira edición, haberá que esperar ao balance oficial, pero a confianza está depositada en que se consolide.

Arquivado en