Armadiña Rock 2020 xa ten datas: do 21 ao 23 de agosto

Poio
10 de xaneiro 2020

A ACDeM Armadiña, que promove a cita musical, adiantou esta data elixida na cuarta fin de semana de agosto e tamén que, como é habitual, estará enmarcado nunha das maiores festas gastronómicas da contorna, a Festa do Mar. De momento, a asociación non anuncia nomes dos grupos que actuarán no festival 

Edición 2019 do festival Armadiña Rock
Edición 2019 do festival Armadiña Rock / Armadiña Rock

A XII edición do Festival Armadiña Rock xa ten calendario. Celebrarase os días 21, 22 e 23 de agosto de 2020 en Combarro.

A ACDeM Armadiña, que promove a cita musical, adiantou esta data elixida na cuarta fin de semana de agosto e tamén que, como é habitual, estará enmarcado nunha das maiores festas gastronómicas da contorna, a Festa do Mar.

De momento, a asociación non anuncia nomes dos grupos que actuarán no festival, tan só que unha mestura de música e cultura invadirá todos os recunchos da vila, convertendo as prazas no epicentro das actividades de día, e a praza da Chousa no escenario principal para os concertos.

Segundo anunciaron, contarase un ano máis coa zona de acampada na Reiboa (A Seca) e esta XII edición do Festival Armadiña Rock estará organizado pola ACDeM Armadiña e apoiado polo Concello de Poio e pola Deputación de Pontevedra.