Este xoves 11 de marzo comezarán as visitas guiadas á exposición 'José Suárez 1902-1974', que fora aprazada por mor da pandemia. Poderase asistir a estas visitas con guías todos os xoves e os sábados ás 18:00 horas con previa inscrición.
Tal e como afirman dende o Museo de Pontevedra, esta exposición permitirá ás persoas participantes achegarse cara á modernidade e ao talento da obra do fotógrafo galego máis internacional do século XX.
A exhibición conta cunha mostra de 150 fotografías seleccionadas, á vez que con varios exemplares de cartas, libros e outros documentos que contextualizan a vida do autor e o seu traballo.
A exposición estará aberta ao público dende o 2 de marzo ata o domingo 18 de abril, e a entrada é gratuíta. No caso de querer asistir ás visitas guiadas, deberase facer mediante inscrición previa, chamando ao 986 804 100 extensión 42413 ou mediante este correo electrónico.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.