As gaitas son as protaganistas da nova exposición do Museo

Pontevedra
28 de setembro 2021

O Edificio Sarmiento exhibirá a partir do xoves 30 de setembro unha exposición de 35 debuxos dos gaiteiros e gaiteiras máis famosos de Galicia

O Museo de Pontevedra exhibe unha colección de debuxos dos gaiteros máis coñecidos de Galicia
O Museo de Pontevedra exhibe unha colección de debuxos dos gaiteros máis coñecidos de Galicia

O Museo de Pontevedra acollerá dende este xoves e ata o 28 de novembro a exposición ‘Gaiteiraos’, unha mostra que pretende reivindicar as figuras da gaita como exemplo do patrimonio inmaterial de Galicia.

No claustro do Edificio Sarmiento recolleranse 35 debuxos de recoñecidas gaiteiras e gaiteiros de Galicia a través da historia, realizados polo autor César Lombera: Avelino Cachafeiro, Ricardo Portela, Susana Seivane, Carlos Núñez, Cristina Pato, Os Trinta de Trives, o gaiteiro de Guillarei e os de Soutelo, son algunhas das persoas representadas nos gravados reunidos nesta mostra, que abrirá ao público logo do acto de inauguración que terá lugar o día 30 de setembro, ás 20 horas. 

O capitel de Melide, unha peza do século XIV pertencente á colección deste museo, complementa esta proposta expositiva dado que representa nunha das súas faces unha escena musical que inclúe un laúde e unha gaita.

Na mostra, ademais, poden coñecerse explicacións sobre a orixe da gaita e a súa área de expansión que subliñan que as investigacións sobre o tema coinciden en fixar os inicios nas primitivas frautas, ás que se lles engadía un odre ou fol para aliviar o esforzo pulmonar das e dos intérpretes e conseguir a continuidade do son. Coa chegada da polifonía adaptáronse ao fol uns roncos que producían notas pedais, chegando así o instrumento á actualidade.