Dez librarías da cidade instalarán postos de venda na rúa para celebrar o Día das Letras Galegas e achegar á xente a oferta editorial galega e en galego.
Será o 17 de maio, nos Soportais da Ferrería. Os postos de venda de libros estarán abertos ao público en horario de 12.00 a 14.30 horas e de 17.30 a 20.30 horas.
Participan nesta actividade, organizada polo Concello, as librarías Aviones de Papel, Clip, D-lectum, El Pueblo, Escolma, Espazo Lector Nobel, La Nube de Papel, Luna Nueva, Paz e Seijas.
Durante esta xornada varios escritores, todos con obra recen publicada, estarán nos Soportais asinando libros. Pola mañá será a quenda de Arantza Portabales e Ledicia Costas e pola tarde estarán Pedro Feijoo e Iria Collazo.